louvanza
louvanza
Plural:
louvanzas
s
f
loanza.
Refranes
- A honra é de quen a dá.
- Antes que coñezas, non gabes nin ofendas.
- Antes que probedes, non gabedes.
- Cada oleiro as súas olas gaba; e máis, se as ten crebadas.
- Desconfía do que sempre te gaba.
- Dime de que te alabas e direiche o que che falta.
- Dinche que es bo ¡mete as mans no seo!
- Gaba o parvo e faino bailar; se non é parvo, parvo o volverás.
- Gábate, cesto, que venderte quero.
- Máis moscas xunta covo de mel que ola de vinagre.
- Ninguén se alabe mentres non acabe.
- Ninguén se gabe ata que acabe.
- Ninguén se gabe do que non fai.
- Ninguen se gabe do que non sabe.
- Non amanses poldros nin chúfe-Ia muller doutro/muller pouco nin moito.
- Non gabes ata que probes.
- Non gabes nin desgabes ata que pasen sete Navidades.
- Non hai como morrer para que gaben a un.
- O moito chufar, cansa e chega a rallar.
- Ó que ao burro gaba, tal fillo lle naza.
- O que non se "alaba", de TUÍn morreo
- Poucos en persoa propia deben gabar as súas cousas.
- Se che din ben da túa leira, mete a man na faldriqueira.
- Se que res que che diga o que che falta, dime de qué te gabas.
- Unha carga de cal e outra de area.