localidade

localidade

local

Plural: localidades
  1. s
    1. Entidade urbana sen xurisdición propia formada, en xeral, por un número relativamente escaso de habitantes.

    2. ila ou lugar determinados.

  2. s f
    1. Cada un dos asentos ou lugares destinados ao público, nun local de espectáculos, reunións ou similares.

    2. Billete que dá dereito a ocupar unha localidade.

  3. s f [BOT ]

    Lugar concreto onde se atopa ou foi atopada unha determinada planta.

  4. s f [FILOS ]

    Propiedade dos seres ou dos corpos naturais de ocupar un lugar no espazo.

  5. localidade tipo [ESTRATIG ]

    Localidade que lle dá nome a un estrato tipo.

Sinónimos

Citas

  • Conseguín dúas localidades para o concerto de mañá