local

local

lat locāle

Plural: locais
  1. adx

    Relativo ou pertencente a un lugar, poboación, vila ou concello.

  2. adx

    Que afecta só a unha parte do corpo.

  3. adx [DEP ]

    Aplícase ao equipo do lugar onde se celebra o encontro. Tm s.

  4. adx [INFORM ]

    Que está ligado a un sistema informático pola proximidade ou pola existencia dunha conexión eléctrica de tipo non telefónico.

  5. adx [MAT ]

    Aplícase ás propiedades, nocións ou teoremas que son válidos para un contorno dun punto do espazo topolóxico considerado.

    1. s

      Espazo dunha construción ou edificio, pechado e acondicionado debidamente, para determinados usos.

    2. local social

      Sede dunha entidade, empresa ou club.

Antónimos

Citas

  • A sede do partido está nun local do edificio onde vivo
  • Foi operada con anestesia local
  • O concello ten un corpo de policía local
  • O equipo local é o favorito para gañar a copa, Os locais venceron por tres a cero