lima

lima

lat lima ‘oblicua’

Plural: limas
  1. s f [CONSTR ]

    Ángulo diedro externo formado por dúas vertentes ou inclinacións nunha cuberta ou tellado.

  2. s f [CONSTR ]

    Madeiro que forma a aresta nun ángulo na vertente dunha cuberta ou tellado.

  3. lima bordón [CONSTR ]

    Arestas do tellado compostas por un só madeiro ou lima, que se estende desde o extremo ata o ángulo dos estribos na armadura da cuberta.

  4. lima foia [CONSTR ]

    Ángulo entrante que se forma polo encontro de dúas vertentes.

  5. lima moamar [CONSTR ]

    Arestas que forman as vertentes, e que se compoñen por dous madeiros paralelos ou limas, que se estenden desde o extremo ata o ángulo dos estribos na armadura da cuberta.

  6. lima tesa [CONSTR ]

    Ángulo saínte que se forma polo encontro de dúas vertentes.

Palabras veciñas

lilial liliputiano -na lima lima lima limacha limaco