lima
lima
lat lima
-
s
f
Ferramenta metálica, normalmente de aceiro, composta por unha barra sobre a superficie da que están gravadas numerosas estrías ou dentes, en diferente disposición xeométrica e número, que se utiliza para desbastar, puír ou alisar diversos materiais duros.
-
lima cadrada
Lima grosa piramidal de sección cadrada.
-
lima doce
Lima de estrías moi finas.
-
lima grosa
Ferramenta formada por unha barra de dentes grosos e triangulares que serve para desbastar a pedra.
-
lima xorda
Lima doce que fai moi pouco ruído ao traballar os metais.
Frases feitas
-
Comer como unha lima/Ser unha lima. Comer moito e con avidez.
-
Comer como unha lima/Ser unha lima. Comer moito e con avidez.
Refráns
- A lima lima a lima.