licenza

licenza
Plural: licenzas
  1. s f
    1. [DER ]

      Documento que acredita un permiso oficial para que alguén poida desenvolver certa actividade.

  2. s f

    Permiso para facer algo.

  3. s f [DER ]

    Procedemento administrativo utilizado para a aplicación dos réximes de licenzas de importación, que require a presentación, diante do órgano administrativo pertinente, dunha solicitude con certa documentación como condición previa para efectuar a importación no territorio arancelario do membro importador.

    1. s

      Autorización para ausentarse do emprego ou servizo civil ou militar temporalmente.

    2. s

      Concesión oficial para a venda ou comercialización de produtos.

    3. s [RELIX ]

      Concesión feita por un superior a un eclesiástico para exercer o ministerio.

    4. licenza absoluta [BÉL ]

      Licenza concedida aos militares para eximilos definitivamente das súas obrigas.

    5. licenza de explotación [ECON ]

      Autorización concedida polo titular dunha patente a un terceiro para a súa utilización.

    6. licenza de exportación/importación [ECON ]

      Autorización da administración para exportar ou importar unha certa cantidade de mercadorías e que regula a súa comercialización.

    7. licenza de obra [DER ]

      Permiso administrativo para levar a cabo actuacións relacionadas coa construción.

    8. licenza fiscal [DER ]

      Imposto directo que se paga para poder desenvolver calquera tipo de actividade económica. Actualmente denomínase imposto sobre actividades económicas (IAE).

    9. licenza marital [DER ]

      Autorización outorgada polo marido en favor da muller para cumprir uns actos determinados, como a comparecencia nun xuízo, que a lei non consideraba válidos sen dita autorización. Actualmente está derrogada.

  4.   f

    Liberdade excesiva ou abuso de liberdade que fai alguén, en especial referido aos costumes morais.

  5. licenza poética [LIT ]

    Emprego de determinadas construcións e voces polos escritores, que pode implicar unha vulneración das regras gramaticais e retóricas.

Formas incorrectas

licencia