erguer

erguer

lat erigĕre

  1. v t

    Mover ou levantar algo ou a alguén cara a arriba ou poñelo nun lugar máis alto.

  2. v t
    1. Poñer algo ou a alguén dereito ou en posición vertical.

    2. Facer que alguén se levante da cama.

  3. v t

    Construír un edificio ou un monumento importante.

  4. v pron
    1. Poñerse algo ou alguén dereitos ou en posición vertical.

    2. Deixar de estar na cama ou nalgún sitio similar.

  5. v pron

    Enfrontarse ou rebelarse contra algo ou alguén.

  6. v pron

    Sobresaír algo ou alguén por encima de todo o que o rodea.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Cando pasou o capitán erguéronse coma varas
  • Dende alí podemos ver cómo se erguen os cumes das montañas entre a paisaxe
  • Erguerán unha nova sede para as conferencias
  • Ergueron o neno do chan
  • Ergueron os postes da viña que caeran co vento
  • Ergueu a nena nos ombros, Para subir ao muro erguín a saia, Ergueu a cabeza e mirouna
  • Ergueu o rapaz ás 7 da mañá
  • Ergueuse do asento para deixarllo a unha muller grávida
  • Lucía ergueuse moi cedo para facer taichí en Castrelos
  • Non lles ergas a voz aos teus compañeiros
  • O pobo ergueuse contra os represores

Frases feitas

  • Erguer a crista. Volverse altivo.

  • Erguer cabeza. Ir prosperando.

  • Erguer o rego. Facer o suco para sementar.

  • Erguerse as pedras contra un. Ser todo obst

  • Erguerse o leite. Deixar de dar leite unha vaca.

Conxugar
VERBO erguer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ergo
ergues
ergue
erguemos
erguedes
erguen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
erguía
erguías
erguía
erguiamos
erguiades
erguían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
erguín
erguiches
ergueu
erguemos
erguestes
ergueron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
erguera
ergueras
erguera
ergueramos
erguerades
ergueran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
erguerei
erguerás
erguerá
ergueremos
ergueredes
erguerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
erguería
erguerías
erguería
ergueriamos
ergueriades
erguerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
erga
ergas
erga
ergamos
ergades
ergan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
erguese
ergueses
erguese
erguesemos
erguesedes
erguesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
erguer
ergueres
erguer
erguermos
erguerdes
ergueren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
ergue
-
-
erguede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
erguer
ergueres
erguer
erguermos
erguerdes
ergueren
Xerundio erguendo
Participio erguido/ergueito
erguida/ergueita
erguidos/ergueitos
erguidas/ergueitas