lectura

lectura

lat medieval lectūra

Plural: lecturas
  1. s f

    Acción e efecto de ler.

  2. s f

    Obra que está destinada a ser lida ou que se le.

  3. s f

    Interpretación do sentido ou significado dun texto, filme, cadro ou de calquera outra obra.

    1. s

      Interpretación da información rexistrada nun soporte de almacenamento mediante un lector axeitado.

    2. lectura de marcas

      Recoñecemento automático de datos en forma de marcas feitas á man sobre un papel ou tarxeta.

    3. lectura magnética de caracteres

      Lectura de caracteres impresos cunha tinta especial (tinta magnética), que se chaman caracteres magnéticos.

    4. lectura óptica de caracteres

      Lectura de caracteres, impresos ou non, de tipo corrente.

    1. lectura labial

      Interpretación das palabras pronunciadas por unha persoa a través da observación do movemento dos seus labios, que se emprega sobre todo na educación dos xordomudos.

    2. lectura táctil

      Lectura, feita co tacto, da escritura para cegos.

Citas

  • Estas son as mellores lecturas para unha nena da súa idade
  • Estou en desacordo coa lectura que a crítica fai do filme

Refráns

  • Despois de comer, non te poñas a ler.
  • Na cartilla que se le, sempre se aprende algo.

Palabras veciñas

lector -ra lectorado lectoral lectura LED ledeburita ledicia