lector -ra

lector -ra

lat lectōre

Plural: lectores Masculino: lector Masculino plural: lectores Feminino: lectora Feminino plural: lectoras
  1. adx

    Que le ou que lle gusta ler, ben para si mesmo ou para outras persoas. Tm s, referido á persoa.

  2. s [EDUC ]

    Persoa que, nun centro de estudo estranxeiro, se dedica a ensinar a lingua e a literatura do seu país.

  3. s

    Persoa que, nunha editorial, le e revisa os textos orixinais que se reciben.

    1. s

      Persoa que nunha celebración litúrxica le as lecturas.

    2. s

      Crego que recibiu o lectorado.

  4. s m [INFORM ]

    Aparato que está destinado a interpretar os sinais de información rexistrados nun soporte determinado e convertelos en correntes eléctricas que facilitan a restitución da información rexistrada nel.