lado
lado
lat latu
-
s
m
Parte do corpo humano desde a axila á cadeira ou a parte correspondente do corpo dun animal.
-
s
m
Parte que con relación ao centro está situada á dereita ou á esquerda de algo ou de alguén.
-
s
m
Cada unha das caras opostas dun obxecto plano.
-
s
m
[MAT ]
Cada un dos límites dunha superficie ou dun polígono.
-
s
m
Parte dun corpo, dunha superficie ou dun lugar que está máis próxima aos seus límites.
-
s
m
Parte do espazo, dunha área ou dun obxecto contemplada por oposición a outra.
-
s
m
Bando que se adopta en oposición a outro.
-
s
m
Cada unha das consideracións que se poden ter en conta sobre un tema.
Sinónimos
Confrontacións
beiraCitas
- Colocaron os carteis nos lados da fachada
- Despois de moitos anos reuniranse os dun lado e os do outro
- Deu un golpe no lado esquerdo
- Non nos encontramos porque el foi por un lado e eu vin polo outro
- Non vexas o lado negativo do asunto
- O lado dereito do coche ten un croque,Tes unha perfeba no lado dereito
- O triángulo escaleno ten os tres lados desiguais
- Por un lado da folla aparecen os datos persoais e polo outro os do cuestionario
- Traballa no lado norte da cidade