costado

costado

lat costātu ‘que ten costelas’

Plural: costados
  1. s m

    Cada unha das partes laterais do tronco ou do corpo do home ou dos animais.

  2. s m
    1. Parte lateral dun obxecto que ten parte dianteira e traseira ou que se imaxina en dirección lonxitudinal.

    2. [MAR ]

      Parte da embarcación comprendida entre a liña de flotación e a cuberta en toda a súa lonxitude.

  3. s m
    1. Cada unha das caras opostas dun obxecto.

    2. [MAT ]

      Cada unha das liñas que limitan unha superficie.

  4. s m

    Calquera parte do espazo que circunda un obxecto, considerada en oposición ás demais.

  5. s m fig [PAT ]

    pneumonía.

Sinónimos

Confrontacións

costelar

Citas

  • A cidade está sufrindo un asedio por todos os costados
  • Fun ao médico porque teño unha dor no costado esquerdo, Para poder durmir teño que estar deitado sobre o costado dereito
  • Neste problema temos que atopar a área do triángulo do que coñecemos o valor dos tres costados
  • O monte estaba nevado polos dous costados, As moedas tiñan por un costado a imaxe do rei
  • Os bandoleiros apostábanse nos costados dos camiños, A un costado da cama teño unha mesa de noite, e ao outro unha pequena cadeira