itálico -ca
itálico -ca
lat Italĭcu
-
adx
Relativo ou pertencente á Italia antiga.
-
adx
Aplícase á escola filosófica de Pitágoras, establecida no S da Península Itálica.
-
adx
[LING ]
Aplícase ás linguas faladas en Italia antes da conquista total do país por Roma.
-
s
[HIST ]
Habitante da Italia centromeridional, agás os habitantes de Apulia, os etruscos e os italiotas.
-
dereito itálico
[DER ]
Conxunto de privilexios outorgados ás cidades e colonias romanas situadas fóra de Italia.
-
letra itálica
-
Tipo de letra romana inclinada, gravada por Griffi en 1501 na edición de Virxilio de Aldo Manuzio. OBS: Tamén se denomina cursiva.
-
Calquera letra inclinada.
-