itálico -ca

itálico -ca

lat Italĭcu

Plural: itálicos Masculino: itálico Masculino plural: itálicos Feminino: itálica Feminino plural: itálicas
  1. adx

    Relativo ou pertencente á Italia antiga.

  2. adx

    Aplícase á escola filosófica de Pitágoras, establecida no S da Península Itálica.

  3. adx [LING ]

    Aplícase ás linguas faladas en Italia antes da conquista total do país por Roma.

  4. s [HIST ]

    Habitante da Italia centromeridional, agás os habitantes de Apulia, os etruscos e os italiotas.

  5. dereito itálico [DER ]

    Conxunto de privilexios outorgados ás cidades e colonias romanas situadas fóra de Italia.

  6. letra itálica
    1. Tipo de letra romana inclinada, gravada por Griffi en 1501 na edición de Virxilio de Aldo Manuzio. OBS: Tamén se denomina cursiva.

    2. Calquera letra inclinada.