ampola

ampola

lat ampulla

Plural: ampolas
  1. s f [HIST ]

    aso de vidro de terracota, metal ou marfil, utilizado polos romanos.

  2. s f
    1. Recipiente de vidro soprado destinado a conter unha dose individual de medicamento.

    2. Cantidade de líquido que cabe nese recipiente.

  3. s f [PAT ]

    Lesión elemental da pel que consiste nunha acumulación de líquido na epiderme que separa, levantándoa, a capa córnea das subxacentes.

  4. s f [FÍS ]

    Avultamento producido na superficie dun metal pola expansión dun gas contido nel.

  5. s f
    1. Dilatación que, en determinados puntos, presentan algúns condutos.

    2. Cada unha das vesículas que presentan certos equinodermos na base dos seus tentáculos ambulacrais.

Sinónimos

Citas

  • As sandalias novas fixéronlle unha ampola no pé
  • Tiña que tomar tres ampolas ao día, segundo lle dixo o médico
  • Xuntou todas as ampolas baleiras para tirar

Formas incorrectas

empola