irmán -má

irmán -má

frater germānu ‘irmán carnal’

Plural: irmáns Masculino: irmán Masculino plural: irmáns Feminino: irmá Feminino plural: irmás
  1. s

    Ser vivo que ten os mesmos pais ou só o mesmo pai ou a mesma nai.

  2. s

    Persoa considerada en canto á relación que a une con outros membros cos que ten un vínculo ideolóxico, espiritual ou doutro tipo.

    1. s

      Relixioso que non pertence ás ordes, que é laico.

    2. s

      Nome que se dan os relixiosos entre eles.

  3. s

    Membro dunha irmandade.

  4. adx p ext

    Que ten a mesma orixe ou é moi semellante a algo. Tm s.

    1. s

      Parente colateral de segundo grao civil.

    2. irmán bastardo

      Fillo natural respecto ao lexítimo.

    3. irmán carnal

      Fillo dos mesmos pai e nai, respecto a outra persoa.

    4. irmán consanguíneo

      Fillo dun mesmo pai, pero de nai diferente, respecto a outra persoa.

    5. irmán de leite

      Fillo dunha ama de cría respecto ao fillo doutra muller amamantada por aquela.

    6. irmán uterino

      Fillo dunha mesma nai, pero de pai diferente, respecto a outra persoa.

    7. medio irmán

      Fillo dun dos dous cónxuxes respecto ao fillo do outro.

Citas

  • O castelán e o portugués son linguas irmás do galego, ¿Viches o irmán deste calcetín?
  • Son irmáns de desventuras, Quérense como irmáns