irmán -má
frater germānu ‘irmán carnal’
-
s
Ser vivo que ten os mesmos pais ou só o mesmo pai ou a mesma nai.
-
s
Persoa considerada en canto á relación que a une con outros membros cos que ten un vínculo ideolóxico, espiritual ou doutro tipo.
-
-
s
Relixioso que non pertence ás ordes, que é laico.
-
s
Nome que se dan os relixiosos entre eles.
-
s
-
s
Membro dunha irmandade.
-
adx
p ext
Que ten a mesma orixe ou é moi semellante a algo. Tm s.
-
-
s
Parente colateral de segundo grao civil.
-
irmán bastardo
Fillo natural respecto ao lexítimo.
-
irmán carnal
Fillo dos mesmos pai e nai, respecto a outra persoa.
-
irmán consanguíneo
Fillo dun mesmo pai, pero de nai diferente, respecto a outra persoa.
-
irmán de leite
Fillo dunha ama de cría respecto ao fillo doutra muller amamantada por aquela.
-
irmán uterino
Fillo dunha mesma nai, pero de pai diferente, respecto a outra persoa.
-
medio irmán
Fillo dun dos dous cónxuxes respecto ao fillo do outro.
-
s
Citas
- O castelán e o portugués son linguas irmás do galego, ¿Viches o irmán deste calcetín?
- Son irmáns de desventuras, Quérense como irmáns