inutilidade

inutilidade

lat inutilĭtāte

Plural: inutilidades
s f

Calidade ou condición de inútil.

Refráns

  • A árbore que non dá froita, somente para leña é boa.
  • A campo roto, nin chave nin ferrollo.
  • Agulla enferruxada non dá puntada con puntada.
  • Agulla, xastre e dedal non valen nin medio real/dancho todo por un real.
  • Auga en cesto, amor de neno e vento de cu, todo é un.
  • Auga lonxana non apaga o lume veciño.
  • Burro lavado, xabrón perdido.
  • Cabalo de bamba: que non come, nin bebe, nin anda.
  • Candil sen mecha a ninguén aproveita.
  • Cando a semana está de piollos, non vale mudar de camisa.
  • Cando se remata o viño, a bota xa non fai falta.
  • Coitelo mangorreiro non talla a carne e tállame o dedo.
  • Dá Deus barbas ao que non ten queixadas.
  • Dá Deus bragas a que n non sabe atalas.
  • Dá Deus noces a quen non ten dentes.
  • Dá Deus pano a quen non ten narices.
  • De nada serve o cravo, se non hai onde cravalo.
  • Desta maneira o que non ten fariña escusa peneira.
  • Deume Deus un ovo e deumo grolo.
  • Dúas árbores secas nunca florecen.
  • Gando branco, mellor é velo no prato.
  • Gando branco, nin no pasto nin no banco.
  • Lavarlle a cara a un negro é perder auga e tempo.
  • Machacar en ferro frío, traballo perdido.
  • Nada e todo, todo é nada.
  • No río que non ten peixes non hai que botar as redes.
  • Non botes leña no forno, cando xa quente estivere.
  • Non come o lobo besta branca.
  • O campo aberto non precisa portas nin portelos.
  • Ó cego de nada lle serve o espello.
  • O que lava a cabeza da burra perde o xabrón e a lavadura.
  • O que non fai falla, sobra.
  • Onde non hai non hai que buscar.
  • Pes tortos non han mester zocos.
  • Quitáronme o espello por fea e déronllo á cega.
  • Renego da besta que no inverno quere sesta.
  • Tirádelle o cu á cesta e acabouse a parentela.
  • Veciño que non empresta e coitelo que non corta, que se perda pouco importa.
  • Voz de un, voz de ningún.
  • ¡DOU ao demo a besta que non gaña a cebada!
  • ¿Para que queres a ovella, se non tes cortella?