inutilidade
inutilidade
lat inutilĭtāte
s
f
Calidade ou condición de inútil.
Refranes
- A árbore que non dá froita, somente para leña é boa.
- A campo roto, nin chave nin ferrollo.
- Agulla enferruxada non dá puntada con puntada.
- Agulla, xastre e dedal non valen nin medio real/dancho todo por un real.
- Auga en cesto, amor de neno e vento de cu, todo é un.
- Auga lonxana non apaga o lume veciño.
- Burro lavado, xabrón perdido.
- Cabalo de bamba: que non come, nin bebe, nin anda.
- Candil sen mecha a ninguén aproveita.
- Cando a semana está de piollos, non vale mudar de camisa.
- Cando se remata o viño, a bota xa non fai falta.
- Coitelo mangorreiro non talla a carne e tállame o dedo.
- Dá Deus barbas ao que non ten queixadas.
- Dá Deus bragas a que n non sabe atalas.
- Dá Deus noces a quen non ten dentes.
- Dá Deus pano a quen non ten narices.
- De nada serve o cravo, se non hai onde cravalo.
- Desta maneira o que non ten fariña escusa peneira.
- Deume Deus un ovo e deumo grolo.
- Dúas árbores secas nunca florecen.
- Gando branco, mellor é velo no prato.
- Gando branco, nin no pasto nin no banco.
- Lavarlle a cara a un negro é perder auga e tempo.
- Machacar en ferro frío, traballo perdido.
- Nada e todo, todo é nada.
- No río que non ten peixes non hai que botar as redes.
- Non botes leña no forno, cando xa quente estivere.
- Non come o lobo besta branca.
- O campo aberto non precisa portas nin portelos.
- Ó cego de nada lle serve o espello.
- O que lava a cabeza da burra perde o xabrón e a lavadura.
- O que non fai falla, sobra.
- Onde non hai non hai que buscar.
- Pes tortos non han mester zocos.
- Quitáronme o espello por fea e déronllo á cega.
- Renego da besta que no inverno quere sesta.
- Tirádelle o cu á cesta e acabouse a parentela.
- Veciño que non empresta e coitelo que non corta, que se perda pouco importa.
- Voz de un, voz de ningún.
- ¡DOU ao demo a besta que non gaña a cebada!
- ¿Para que queres a ovella, se non tes cortella?