intromisión

intromisión

lat intromissu

Plural: intromisións
s f

Acción de entremeterse.

Refranes

  • A onde non te chaman, non vaias: que, se non te chamaron, é que non facías falla.
  • A voda e a bautizado non vaias sen ser chamado e así non darás enfado.
  • Cada ruín quere entrar na danza coa súa mudanza.
  • Cando a zorra anda á caza dos grilos, se mal é para ela, peor é para os fillos.
  • Comadre andarega, non hai sitio onde se non vexa.
  • Déixate de remexer o que non has comer.
  • Entrar pola manga e saír polo cabezón.
  • Entre marido e muller ninguén se debe meter.
  • Entre país e irmáns non méta-Ias manso
  • Entre país e irmáns non póña-Ias mans o
  • Entre país, fillos e irmáns non metáde-Ias manso
  • Entre paren tes non metas os dentes.
  • Ninguén se meta no que non deba.
  • Ninguén se meta no que non sabe.
  • Non entres de romplón na casa allea; chama dende fóra e espera.
  • Non lle importa a ninguén como vive ninguén.
  • Non méta-Ia cara onde non te chaman.
  • O que vai á voda sen ser chamado, volve dela avergonzado.
  • Onde non te chamen, non te metas.
  • Van os cans a onde non os chaman e levan pedradas.
  • Van os cans a onde os chaman e mais apañan pedradas.
  • Veño á voda, que son parente do zoqueiro que fixo os zocos para a noiva.
  • ¿Que quere saber ninguén o que fai ninguén na casa de ninguén?