amortecedor -ra

amortecedor -ra
Plural: amortecedores Masculino: amortecedor Masculino plural: amortecedores Feminino: amortecedora Feminino plural: amortecedoras
  1. adx

    Que amortece.

  2. s m [ENX ]

    Dispositivo utilizado para evitar as perturbacións que se producen nas máquinas eléctricas sincrónicas por disimetrías magnéticas e eléctricas que distorsionan o campo magnético lonxitudinal.

  3. s m [METROL ]

    Dispositivo dun aparato de medición que evita que a agulla oscile arredor do seu punto de equilibrio.

  4. amortecedor de suspensión [ENX ]

    Dispositivo mecánico que reduce progresivamente ata anular  as oscilacións do sistema elástico de suspensión dun vehículo.

  5. amortecedor electromagnético [ENX ]

    Tipo de amortecedor cun funcionamento baseado nas correntes de Foucault.

  6. amortecedor torsional [ENX ]

    Dispositivo montado nun extremo do cegoñal dos motores de explosión para suprimir ou reducir as tensións que producen as vibracións torsionais.

  7. solución amortecedora [QUÍM ]

    Solución en que o pH varía moi pouco por dilución ou por adición de cantidades moderadas de ácidos ou de bases.