insensatez

insensatez

insensato

Plural: insensateces
  1. s f

    Calidade de insensato.

  2. s f

    Dito ou feito que carece de sentido.

Antónimos

Confrontacións

loucura, tolemia, tolería

Citas

  • A súa insensatez era coñecida por todos
  • ¡Como digas algunha insensatez máis vas fóra!

Refráns

  • A cabeza branca e o siso por viro
  • Cabeza louca non gusta de touca.
  • Coucear contra o aguillón non o fai máis ca un papón.
  • Leña verde e xente moza todo é fume.
  • O que está a cuberto cando chove, ben parvo é, se se move; e, se se move e se molla, máis parvo é, se se anoxa.
  • O que non ten cabeza non precisa monteira.