tolemia

tolemia

tolo

Plural: tolemias
  1. s f

    Trastorno psicolóxico en que a persoa perde o xuízo.

  2. s f

    Estado dunha persoa que sofre este trastorno.

  3. s f

    Dito ou feito propio dunha persoa que perdeu o xuízo.

  4. s f

    Actitude propia da persoa que obra impulsivamente e sen reflexionar.

  5. s f fig

    Actitude de quen demostra un excesivo gusto por algo ou por alguén.

  6. s f fig

    Calidade daquilo que non responde á razón.

Sinónimos

Refráns

  • A loucura non ten cura.
  • De louco todos ternos un pouco.
  • Non louquea quen non pode.
  • O mal que non ten cura é a loucura.
  • Quen de loucura enferma tarde ou nunca sana.