informática

informática

fr informatique

Plural: informáticas
  1. s f

    Conxunto de ciencias, técnicas ou actividades que están relacionadas co tratamento automatizado de datos.

  2. informática de xestión

    Parte da informática que se refire ás operacións dunha empresa ou organización.

  3. informática integrada

    Rama da informática que facilita a coordinación de procesos previamente desligados para mellorar o rendemento total.

  4. informática interactiva

    Parte da informática que trata do uso colectivo e simultáneo dun mesmo ordenador por varios usuarios mediante as técnicas de multiacceso e de proceso conversacional.