inestabilidade

inestabilidade

1 in- + estabilidade

Plural: inestabilidades
  1. s f

    Calidade de inestable.

  2. inestabilidade atmosférica [METEOR ]

    Situación da atmosfera terrestre en que as partículas de aire non permanecen estables.

  3. inestabilidade elástica [FÍS ]

    Estado que só precisa unha acción externa infinitamente pequena para perturbar o equilibrio e provocarlle unha flexión, nun sistema elástico sometido a forzas de compresión lonxitudinais.

  4. inestabilidade nuclear [FÍS ]

    Configuración do estado enerxético dun núcleo atómico, que lle confire unha probabilidade non nula de emisión radioactiva espontánea.