amistade
amistade
Plural:
amistades
s
f
amizade.
Refranes
- A amistade cosela e, se convén, descosela; mais non rompela.
- A amistade do gato boa é, se non rabuña.
- A cama e o cárcere son proba de amigos.
- A comida comida desfai a compañía.
- A compaña de tres boa é; a de catro dáa ao diaño.
- A lingua do amigo malo corta máis que un machado.
- A quen queiras mal, non o queiras no hospital.
- Aceite, viño e amigo, mellor canto máis antigo.
- Algo lle falta ao rico, se non ten ningún amigo.
- Amigo ata a porta da igrexa, ese é amigo de veras.
- Amigo campesiño, comerache o pan e beberache o viño.
- Amigo de aldea, para que n o queira.
- Amigo de bo tempo muda co vento.
- Amigo de dúbida é o que te aconsella e podendo non te axuda.
- Amigo de moitos e amigo de ningún, todo é un.
- Amigo de montaña, quen o perde, gaña.
- Amigo de un, amigo de ningún.
- Amigo do vento muda co tempo.
- Amigo e viño, o máis antigo.
- Amigo Estevo, amigo Antón; pero máis amiga a razón.
- Amigo non foi aquel que o deixou de ser.
- Amigo Pedro, amigo Xan; pero máis amiga a verdá.
- Amigo polo seu proveito, andoriña no teito.
- Amigo que non dá e coitelo que non corta, que se perda pouco importa.
- Amigo vello vale máis que diñeiro.
- Amigo, de un; e inimigo, de ningún.
- Amigo, non de min, senón do meu trigo.
- Amigo, vello; touciño e viño anellos.
- Amigos coma o can e o gato, que comen no mesmo prato.
- Amigos de lonxe e contas de preto.
- Amigos de taberna, amigos de merda.
- Amigos e libros, poucos, bos e ben coñecidos.
- Amigos e mulas fallan ás duras.
- Amigos que se coñecen, dende lonxe se saúdan.
- Amigos, de lonxe; e contas, de preto.
- Amigos, poucos e bos.
- Amistade crebada vale pouco ou nada.
- Amistade de boca, bulsa pechada e moita parola.
- Amistade de catro, xuntoiro do diaño.
- Amistade por interés, non dura porque non a é.
- Amistade prendida con alfinetes, despréndela cando queres.
- Amistade, con todos; confianza con poucos.
- Amistade, vella; e casa, nova.
- As amistades hanse descoser mais non se han romper.
- Ben estou co amigo que come o seu pan comigo.
- Ben parva é a ovella que co lobo se confesa.
- Ben pode dicir que é rico o que ten bos amigos.
- Bo de convidar e malo de fartar.
- Bocado comido xa non fai amigo.
- Bótate a enfermar, verás quen che quere ben e quen che quere mal.
- Bótate a enfermar: xa verás quen te quere ben e quen te quere mal.
- Buscando un amigo a vida pasei, e morro de vello e non o atopei.
- Cada cal ama o seu igual por lei natural.
- Cada cal co seu cada cal.
- Cada cal co seu igual.
- Cada cal quere o seu igual.
- Cada par co seu par.
- Cando a ocasión chega, o máis amigo a pega.
- Canta máis amistade, máis claridade.
- Chámolle tía para que me día; que, se me non dá, chámolle tía de acolá.
- Co falso non tomes amistade, porque che fará maldade.
- Coitas e camiños dannos amigos.
- Compaña de dous, compaña de bos.
- Con achaque de amistade moitos fan falsidade / ruindade.
- Cos bos amigos cómese.
- Dade ao demo o amigo que vos deixa a palla e vos leva o trigo.
- Dálle ao rabo o can non por ti senón polo pan.
- Dende que teño ovellas e crías, todos me dan os bos días.
- Dos amigos gárdeme Dios, que dos ioimigos gardámooos nós.
- Dúas aves de rapiña non gardan compañía.
- Entre amigos o que máis pon máis perde.
- Entre amigos, con velo abonda.
- Entre bos amigos non están mal os testigos.
- Ese é meu amigo, que moe no meu muíño.
- Gañar amigos e dar diñeiro a logro é sementar en terreo froitoso.
- Haxa cebo no pombal, que as pombas non faltarán.
- Home bravo e mandón, para meu amigo, non.
- Hoxe por min e mañá por ti; todo che ha de quedar aquí.
- Inimigo, de ninguén; amigo, cando menos, de un.
- Máis vale amigo na praza que diñeiro na arca.
- Máis vale onza de sangue que libra de amistade.
- Máis vale un amigo bo que parente e medio.
- Máis vale un bo amigo que dez parentes, eles lonxe e el presente.
- Mal amigo é o que come o meu comigo e o seu consigo.
- Mentres teñas qué comer, non faltará quen te veña ver.
- Moito te quero, mais pouco ben che fago.
- Moitos amigos, ningún amigo.
- Moitos son os amigos, poucos os escollidos.
- Na cama e na cadea coñécese o amigo e non entre xerros de viño.
- Na necesidade vese ben a amistade.
- Nas coitas que un ten coñécese quen nos quere ben.
- Nin amigo reconciliado mn guisote requentado.
- No perigo coñécese o amigo.
- Non busques por amigo o rico nin o nobre senón o bo,inda que sexa pobre.
- Non esperes que o teu amigo che faga o que ti poideres.
- Non hai amigos a mortos e a idos.
- Non hai mellor amigo que un bo libro.
- Non hai mellor parente có bo amigo presente.
- Non lle chames amigo ao que non viviu contigo.
- Non mires o don senón o que o dou.
- Non teñas amistade con xente de mala caste.
- Non teñas por amigo crego, frade nin "xudeo".
- Nos males coñécense os amigos leales.
- Nunca falta un roto para un descosido.
- Nunca un lobo come outro.
- O amigo do meu amigo é meu amigo.
- Ó amigo do teu viño non o queiras de veciño.
- O amigo falso fere máis que o coitelo afiado.
- O amigo leal e franco, ese é un merlo branco.
- O amigo leal faiche compaña no ben e no mal.
- O amigo que non é de certo, cuo olio pechado e outro aberto.
- O amigo, nunca o probes.
- O bo amigo non ha deixa-Ia palla e leva-lo trigo.
- O home pillabán, tenmo sempre da túa mano
- O máis amigo pégaeha.
- O mal amigo deixa a palla e leva o trigo.
- O marido, ámao como amigo e témeo como inimigo.
- O mellor amigo non é o veciño.
- Ó mellor amigo, o mellor tiro.
- O mellor amigo, un libro.
- O meu amigo papafigo come o seu pan só e o meu comigo.
- O meu é meu; e o teu, de entrambos.
- O meu, meu; e o teu, tamén meu.
- O neno e o bacoriño van a onde lles dan un bocadiño.
- O pan comido e a compaña desfeita.
- O parente, como Deus cho dese; o amigo, como ti o escolleres.
- Ó porco e ao xenro ábrelle a porta, que xa el virá cedo.
- Ó porco, ao xenro e á nora amósalle-Ia porta.
- O que a boa árbore se acolle, boa sombra o cobre.
- O que sexa meu amigo verdadeiro, véñame ver o vinte de xaneiro -dixo o santo do Pico Sagro moi arroupado.
- Ó que te quere mal cómelle o pan e ao que te quere ben cómello tamén.
- Ó que ten bo viño non lle faltan amigos.
- Ó teu amigo cómelle o pan e bébelle o viño.
- Ó Toma todo o mundo asoma e ao Daca todo o mundo escapa.
- Odre sen viño non fai amigo.
- Onde hai bocadiño, ahi está o bacoriño.
- Os amigos certos son os probados con feitos.
- Os males fan amistades.
- Pan comido, compaña desfeita.
- Para amigos, todos; para inimigos, abonda un soilo.
- Para coñece-Ia amistade come con ela unha tega de sal.
- Para o amigo verdadeiro ten sempre aberto o peito e a bulsa do diñeiro.
- Para o pobre non é proveitoso acompañarse do poderoso.
- Polo pan baila o can.
- Por diñeiro baila o can e polo pan, se llo dan.
- Por mor dos meus amigos éncheseme o lar de fillos.
- Quen ben te quere, a boca cho sabe.
- Quen che fai festas que non acostuma facer, algo de ti quer.
- Quen deixa de ser amigo non o foi nunca.
- Quen me quere ben dáme do que ten.
- Quen me quere ben dime o que sabe e dáme do que ten.
- Quen quere a Xan, quere o seu can.
- Quen te enche de festas que non acostuma facer, ou qué rete enganar ou de ti ha mes ter.
- Quen ten amigo dubidoso, durma eun olio e vele co outro.
- Quen ten bo niño ten bo amigo e bo agarimiño.
- Quen ten un bo amigo, téñase por rico.
- Quen trata con raposo, gracias se lambe algún óso.
- Renega do amigo que non te avisa do perigo.
- Renega do amigo que te cobre coas ás e te morde co bieo.
- Renego do amigo que come o meu comigo e o seu consigo.
- Se non te ves pobre e perseguido, non sabes quen é o teu amigo.
- Se queres ter amigos moitos, proba poucos.
- Se queres vir comigo, trae contigo.
- Se tes un tío rico e sen fillos, faiUe mimos e aloumiños.
- Sempre miran para quen ten, que o mirar sempre foi ben.
- Sempre que lle dan un bocadiño, alégrase o meu meniño.
- Tan bo é Pedro coma Xan e tan bo é Xan coma Pedro: que os dous son dous bos parceiros.
- Ti amósame a pereira, que quero estar á súa beira cando teña peras.
- Ti ten grans no teu pombal, que as pombas xa che virán.