igrexa

igrexa

lat ecclesĭa gr ἐ κλησία ‘asemblea’

Plural: igrexas
  1. s f
    1. Comunidade dos seguidores de Cristo.

    2. Comunidade local de cristiáns, presidida por un bispo.

    3. Porción da igrexa universal definida por un concepto étnico ou xeográfico, pola súa doutrina ou por calquera outro criterio.

    4. Conxunto de todos os ministros do goberno dunha Igrexa.

  2. s f [ARQUIT/RELIX ]

    Lugar de reunión dos cristiáns para a celebración dos actos litúrxicos.

  3. igrexa primitiva [RELIX ]

    A comunidade cristiá dos tempos apostólicos.

  4. igrexa triunfante [RELIX ]

    Os benaventurados do paraíso celestial.

Refráns

  • A igrexa hase de ir de vontade, á guerra de necesidade e ao convite nin de necesidade nin de vontade.
  • A pedra de igrexa ouro gotexa.
  • Ben vella é a igrexa e moitos van vela para recrearse nela.
  • Cando comeres antes de ir á igrexa, non che porán despois a mesa.
  • Na igrexa, cantar; na casa, chorar.
  • Na igrexa, rezar; na praza, calar; na casa falar ata escachar.
  • Pedra de igrexa cartas gotexa.

Palabras veciñas

ignorar ignoto -ta igorrote igrexa igrexario iguada igual