igrexa
igrexa
lat ecclesĭa gr ἐ κλησία ‘asemblea’
-
s
f
-
Comunidade dos seguidores de Cristo.
-
Comunidade local de cristiáns, presidida por un bispo.
-
Porción da igrexa universal definida por un concepto étnico ou xeográfico, pola súa doutrina ou por calquera outro criterio.
-
Conxunto de todos os ministros do goberno dunha Igrexa.
-
-
s
f
[ARQUIT/RELIX ]
Lugar de reunión dos cristiáns para a celebración dos actos litúrxicos.
-
igrexa primitiva
[RELIX ]
A comunidade cristiá dos tempos apostólicos.
-
igrexa triunfante
[RELIX ]
Os benaventurados do paraíso celestial.
Refranes
- A igrexa hase de ir de vontade, á guerra de necesidade e ao convite nin de necesidade nin de vontade.
- A pedra de igrexa ouro gotexa.
- Ben vella é a igrexa e moitos van vela para recrearse nela.
- Cando comeres antes de ir á igrexa, non che porán despois a mesa.
- Na igrexa, cantar; na casa, chorar.
- Na igrexa, rezar; na praza, calar; na casa falar ata escachar.
- Pedra de igrexa cartas gotexa.