humor

humor

lat humōre

Plural: humores
    1. s [BIOL ]

      Líquido, normal ou patolóxico, do corpo dun animal ou dunha planta.

    2. humor acuoso [ZOOL ]

      Líquido viscoso contido na cámara anterior do ollo dos cefalópodos e dos vertebrados, entre a córnea e o cristalino.

    3. humor cardinal [MED ]

      Cada un dos catro humores (bile, atrabile, pituíta e sangue) que, segundo a medicina antiga, segregaba o organismo e do equilibrio dos que dependían a saúde e a enfermidade.

    4. humor vítreo [ZOOL ]

      Líquido xelatinoso contido na cámara posterior do ollo dos cefalópodos e dos vertebrados entre o cristalino e a retina.

  1. s m
    1. [PSIC ]

      Estado de ánimo, que fai referencia a unha disposición afectiva do espírito ou do temperamento, con inclinación á alegría ou á tristeza.

    2. Boa disposición para facer algo.

  2. s m

    Tendencia de alguén a ver o lado positivo ou irónico das cousas.

    1. s

      Facultade de descubrir e expresar elementos cómicos ou absurdamente incongruentes en ideas, situacións, acontecementos ou actos.

    2. humor inglés

      Tipo de humor particularmente sutil.

    3. humor negro

      Tipo de humor que adoita acentuar aqueles aspectos violentos, cínicos e macabros das cousas ou das situacións.

  3. sentido do humor

    Capacidade para aceptar o lado alegre das cousas e comprender as bromas dos demais.

Citas

  • Hoxe non ten humor nin para saír á rúa
  • Malia todos os padecementos, aínda conserva un bo sentido do humor
  • Non sei que humor terá nestes momentos, OBS: Normalmente, emprégase con adxectivos do tipo bo ou malo, que son os que determinan o valor positivo ou negativo do enunciado, Quén sabe se estará de bo humor

Refráns

  • As que me dan non as quero e as que quero non mas dan -di, por non casar, Xan.
  • Cando aquí non estiveres, comerás comigo.
  • Cando vexas a túa casa queimar, achégate para te quentar.
  • Na casa baleira faise a cea á carreira.
  • O pan trigo e o centeo vale máis na barriga que no seo.
  • O pantrigo fíxoo Deus, a boroa mandouna facer.
  • Onde comen tres, comen catro, se poñen máis no prato.
  • Os caldelaus, desque non teñen que comer, lamben as maus.
  • Se o ceo cae, debruxo nos colle.
  • Se o demo nos ha levar, que nos leve en coche.
  • Veume o mal que acostuma vir: que, despois de farto, bótome a durmir.
  • Xa que a casa se nos queima, quentémonos todos.
  • ¡Deus dea con que rir, que para chorar hai abando!
  • ¡Deus nos dea humor e non nos ollas!
  • ¡Deus nos dea humor, que disgustos non han faltar!
  • ¡Xa nos veremos! -e eran dous cegos.