humor
lat humōre
-
-
s
[BIOL ]
Líquido, normal ou patolóxico, do corpo dun animal ou dunha planta.
-
humor acuoso
[ZOOL ]
Líquido viscoso contido na cámara anterior do ollo dos cefalópodos e dos vertebrados, entre a córnea e o cristalino.
-
humor cardinal
[MED ]
Cada un dos catro humores (bile, atrabile, pituíta e sangue) que, segundo a medicina antiga, segregaba o organismo e do equilibrio dos que dependían a saúde e a enfermidade.
-
humor vítreo
[ZOOL ]
Líquido xelatinoso contido na cámara posterior do ollo dos cefalópodos e dos vertebrados entre o cristalino e a retina.
-
s
[BIOL ]
-
s
m
-
[PSIC ]
Estado de ánimo, que fai referencia a unha disposición afectiva do espírito ou do temperamento, con inclinación á alegría ou á tristeza.
-
Boa disposición para facer algo.
-
[PSIC ]
-
s
m
Tendencia de alguén a ver o lado positivo ou irónico das cousas.
-
-
s
Facultade de descubrir e expresar elementos cómicos ou absurdamente incongruentes en ideas, situacións, acontecementos ou actos.
-
humor inglés
Tipo de humor particularmente sutil.
-
humor negro
Tipo de humor que adoita acentuar aqueles aspectos violentos, cínicos e macabros das cousas ou das situacións.
-
s
-
sentido do humor
Capacidade para aceptar o lado alegre das cousas e comprender as bromas dos demais.
Citas
- Hoxe non ten humor nin para saír á rúa
- Malia todos os padecementos, aínda conserva un bo sentido do humor
- Non sei que humor terá nestes momentos, OBS: Normalmente, emprégase con adxectivos do tipo bo ou malo, que son os que determinan o valor positivo ou negativo do enunciado, Quén sabe se estará de bo humor
Refranes
- As que me dan non as quero e as que quero non mas dan -di, por non casar, Xan.
- Cando aquí non estiveres, comerás comigo.
- Cando vexas a túa casa queimar, achégate para te quentar.
- Na casa baleira faise a cea á carreira.
- O pan trigo e o centeo vale máis na barriga que no seo.
- O pantrigo fíxoo Deus, a boroa mandouna facer.
- Onde comen tres, comen catro, se poñen máis no prato.
- Os caldelaus, desque non teñen que comer, lamben as maus.
- Se o ceo cae, debruxo nos colle.
- Se o demo nos ha levar, que nos leve en coche.
- Veume o mal que acostuma vir: que, despois de farto, bótome a durmir.
- Xa que a casa se nos queima, quentémonos todos.
- ¡Deus dea con que rir, que para chorar hai abando!
- ¡Deus nos dea humor e non nos ollas!
- ¡Deus nos dea humor, que disgustos non han faltar!
- ¡Xa nos veremos! -e eran dous cegos.