humilde
humilde
lat humĭle, con influencia de humildade
-
adx
-
Que recoñece as súas propias limitacións e non presume das calidades que posúe.
-
Propio deste tipo de persoas.
-
-
adx
Que é pobre ou de condición social baixa. Tm s, referido a persoa.
Citas
- As súas humildes palabras acougábanlle o ánimo
- Naceu no seo dunha familia humilde
- No traballo mostrábase humilde diante dos seus compañeiros
- Percibe un humilde salario e non pode permitirse luxos, Esta que expoño é a miña humilde opinión