humildade
humildade
lat humilĭtāte
-
s
f
Calidade de humilde.
-
s
f
Condición de quen ten escasos recursos económicos.
Sinónimos
Refráns
- Canto máis se agacha un, máis se lle ve o cu.
- Canto máis un se abaixa, máis ás veces se ensalza.
- Mellor é abaixarse que descabezarse.
- Mellor é que digan ¡Achegádevos acá!, que ¡Idevos alá!
- Nin te abaixes na pobreza nin te enfonches na riqueza.
- Sempre que te abaixes, nunca te rebaixes.