gramática

gramática

lat grammatĭca gr γραμματικ ή

Plural: gramáticas
  1. s f [LING ]

    Disciplina científica que estuda o sistema dunha lingua ou grupo de linguas. É a materia nuclear da lingüística, á marxe de factores sociais, culturais e biolóxicos das linguas e da variación situacional e espacial da lingua.

  2. gramática comparada/contrastiva [LING ]

    Gramática na que non se estuda o sistema dunha lingua en concreto senón o de varias, confrontándoos.

  3. gramática de dependencias/valencias [LING ]

    Gramática que se centra no estudo das relacións dependenciais ou conectivas, explorando os vínculos entre as partes que integran a estrutura oracional.

  4. gramática descritiva [LING ]

    Gramática que expón o funcionamento real do sistema, sen facer consideracións sobre qué opcións se deben usar ou evitar.

  5. gramática estrutural [LING ]

    Gramática que concibe e analiza a lingua como un sistema de elementos que manteñen relacións entre si e o valor dos cales depende da súa posición no sistema.

  6. gramática histórica [LING ]

    Gramática que estuda o sistema da lingua ao longo do tempo.

  7. gramática [LING ]

    Gramática que tenta establecer unha norma preceptiva de corrección.