goma
lat v *gŭmma, de cummi gr κόμμι
-
-
s
Substancia de alto peso molecular que ten a propiedade de inflarse en contacto coa auga e de formar masas xelatinosas ou solucións coloidais viscosas. Emprégase como produto de base para ungüentos, cremas e dentífricos e como aditivo alimentario texturizado (espesante e estabilizante).
-
goma laca
Substancia resinosa de cor vermella, procedente dalgunhas árbores da India. En disolución co alcohol emprégase como verniz de mobles e da madeira en xeral.
-
goma resina
gomarresina.
-
s
-
s
f
[QUÍM ]
caucho.
-
-
s
Obxecto fabricado con caucho ou calquera outro material elástico.
-
s
Substancia feita a base de caucho que se emprega para borrar. OBS: Tamén se denomina goma de borrar.
-
s
Funda fina e elástica q cubre o pene durante o coito para evitar a fecundación e a transmisión de determinadad enfermidades.
-
goma de mascar
Lambetada formada por unha base mastigatoria plástica que está constituída por gomas e resinas, naturais ou sintéticas, bálsamos, graxas ou ceras, e azucres, aromatizantes, colorantes e outros ingredientes.
-
s
-
s
f
[XOGO ]
Xogo de nenos que consiste en saltar sobre unha tira elástica, sostida por dous xogadores facendo figuras cos pés mentres a sosteñen.
-
s
f
[BOT ]
Exsudación das árbores, xeralmente de orixe patolóxica.
-
s
f
[PAT ]
Produción mórbida en forma de tumefacción limitada.