goma

goma

lat v *gŭmma, de cummi gr κόμμι

Plural: gomas
    1. s

      Substancia de alto peso molecular que ten a propiedade de inflarse en contacto coa auga e de formar masas xelatinosas ou solucións coloidais viscosas. Emprégase como produto de base para ungüentos, cremas e dentífricos e como aditivo alimentario texturizado (espesante e estabilizante).

    2. goma laca

      Substancia resinosa de cor vermella, procedente dalgunhas árbores da India. En disolución co alcohol emprégase como verniz de mobles e da madeira en xeral.

    3. goma resina

      gomarresina.

  1. s f [QUÍM ]

    caucho.

    1. s

      Obxecto fabricado con caucho ou calquera outro material elástico.

    2. s

      Substancia feita a base de caucho que se emprega para borrar. OBS: Tamén se denomina  goma de borrar.

    3. s

      Funda fina e elástica q cubre o pene durante o coito para evitar a fecundación e a transmisión de determinadad enfermidades.

    4. goma de mascar

      Lambetada formada por unha base mastigatoria plástica que está constituída por gomas e resinas, naturais ou sintéticas, bálsamos, graxas ou ceras,  e azucres, aromatizantes, colorantes e outros ingredientes.

  2. s f [XOGO ]

    Xogo de nenos que consiste en saltar sobre unha tira elástica, sostida por dous xogadores facendo figuras cos pés mentres a sosteñen.

  3. s f [BOT ]

    Exsudación das árbores, xeralmente de orixe patolóxica.

  4. s f [PAT ]

    Produción mórbida en forma de tumefacción limitada.

Formas incorrectas

chicle