golfo

golfo

lat v *colphu gr κόλπος

Plural: golfos
s m [XEOG ]

Porción de mar que se interna na terra. A súa formación débese, xeralmente, á invasión por parte das augas mariñas dunha depresión costeira ou dunha fractura da superficie terrestre.

Confrontacións

badía, baía