golfiño
golfiño
Plural:
golfiños
-
-
s
[ANIMAL ]
Mamífero cetáceo odontoceto, das familias dos delfínidos e platinísticos. Aliméntanse, fundamentalmente, de peixe e considéranse mamíferos dunha grande intelixencia.
-
golfiño común [Delphinus delphis]
Cetáceo da familia dos delfínidos, co corpo un pouco comprimido lateralmente, de cor negra ou gris, cunha mancha branca baixo o pescozo, coas aletas pectorais longas e delgadas, e co fociño estreito en forma de pico longo. É gregario e aliméntase de peixes e de cefalópodos.
-
s
[ANIMAL ]
-
s
m
[RELIX ]
Peixe que simbolizaba a Xesús e ao crente, entre os primeiros cristiáns. Ás veces representaba tamén o gran peixe que enguliu a Xonás no Antigo Testamento. Tamén subliña o instinto maternal de Xesús, a súa apacibilidade e mansedume na súa relación co home.