gabinete

gabinete

fr antigo gabinet

Plural: gabinetes
  1. s m

    Cuarto destinado a recibir visitas.

  2. s m

    Cuarto ou lugar de traballo de certos profesionais.

  3. s m [POLÍT ]

    Conxunto de ministros que, baixo a dirección do xefe do goberno, constitúen o poder executivo.

  4. cadro de gabinete [PINT ]

    Pequenas pinturas de cabalete concibidas para ser vistas de cerca.

Sinónimos

Confrontacións

consulta, despacho, estudio, taller

Citas

  • O avogado recibiume no seu gabinete, Montou un gabinete fotográfico
  • Pensan converter o gabinete de bioloxía nun museo de entomoloxía
  • Recibiunos nun gabinete cheo de libros

Palabras veciñas

gabiar gabido gabillo gabinete gabiñón gabiocha gabiocho