futuro -ra
futuro -ra
lat futūru
-
adx
Que sucederá ou será.
-
s
m
Tempo que vai vir.
-
s
m
Posibilidade de triunfar ou de ter porvir algo.
-
s
m
[DER ]
Dereito á sucesión dun beneficio ou dun cargo, cando aínda está vacante.
-
-
s
Un dos tres momentos constitutivos do fluxo temporal e do ser no tempo e que fai referencia á posibilidade de ser.
-
futuro continxente
Futuro, na escolástica, que non está determinado causalmente e que, polo tanto, pode acontecer ou non.
-
s
-
-
futuro de indicativo
Tempo verbal que indica posterioridade ao propio acto de fala.
-
futuro de subxuntivo
Tempo verbal non real que marca a eventualidade na posterioridade ao propio acto de fala.
-
futuro do pretérito
pospretérito.
-
futuro de indicativo
Citas
- Este rapaz vai ter bo futuro, O seu futuro non está nesta fábrica, Iso que dis non ten ningún futuro
- Nos anos futuros estaremos máis modernizados, Os futuros profesionais van estar mellor preparados
- Presentoume ao seu futuro
- Ten grandes proxectos para o futuro
Refráns
- De aquí a alá ¡quen sabe o que pasará I será!
- De boxe nun ano ¡quen sabe o que pasará!: o que viva, o verá.
- Detrás virá quen bo me fará.
- Ninguén pode saber a ventura que ba ter.
- O día de mañá inda non o vimos.
- O día de mañá non o vemos nunca.
- Os vivos o verán, que os mortos non poderán.
- Outro virá que bo me fará.