futuro -ra

futuro -ra

lat futūru

Plural: futuros Masculino: futuro Masculino plural: futuros Feminino: futura Feminino plural: futuras
  1. adx

    Que sucederá ou será.

  2. s m

    Tempo que vai vir.

  3. s m

    Posibilidade de triunfar ou de ter porvir algo.

  4. s m [DER ]

    Dereito á sucesión dun beneficio ou dun cargo, cando aínda está vacante.

    1. s

      Un dos tres momentos constitutivos do fluxo temporal e do ser no tempo e que fai referencia á posibilidade de ser.

    2. futuro continxente

      Futuro, na escolástica, que non está determinado causalmente e que, polo tanto, pode acontecer ou non.

    1. futuro de indicativo

      Tempo verbal que indica posterioridade ao propio acto de fala.

    2. futuro de subxuntivo

      Tempo verbal non real que marca a eventualidade na posterioridade ao propio acto de fala.

    3. futuro do pretérito

      pospretérito.

Citas

  • Este rapaz vai ter bo futuro, O seu futuro non está nesta fábrica, Iso que dis non ten ningún futuro
  • Nos anos futuros estaremos máis modernizados, Os futuros profesionais van estar mellor preparados
  • Presentoume ao seu futuro
  • Ten grandes proxectos para o futuro

Refranes

  • De aquí a alá ¡quen sabe o que pasará I será!
  • De boxe nun ano ¡quen sabe o que pasará!: o que viva, o verá.
  • Detrás virá quen bo me fará.
  • Ninguén pode saber a ventura que ba ter.
  • O día de mañá inda non o vimos.
  • O día de mañá non o vemos nunca.
  • Os vivos o verán, que os mortos non poderán.
  • Outro virá que bo me fará.