forza
lat tardío fŏrtĭa, pl n de fortis
-
-
s
Capacidade física para facer un esforzo, un traballo ou un movemento.
-
forza animal
Forza física dun animal da que se tira proveito.
-
forzas produtivas
[ECON ]
Conxunto de materias primas, maquinaria e instrumentos de produción, forza de traballo e experiencia acumulada na realización do proceso de produción dispoñibles nun período e nun sistema económico determinados e en constante evolución.
-
s
-
s
f
Intensidade con que se manifesta algo.
-
s
f
Poder ou capacidade para mandar ou impoñer algo.
-
s
f
Capacidade moral ou intelectual para levar a cabo unha acción ou soportar un sufrimento ou penalidade.
-
-
s
Causa capaz de modificar o estado de repouso ou de movemento dun corpo ou de lle producir deformacións. A unidade de forza no SI é o newton e no CGS a dina.
-
forza central
Forza que, ao actuar sobre un punto material, se dirixe sempre a un mesmo punto O do espazo.
-
forza centrífuga
Forza que se opón, desde o centro do círculo, á forza centrípeta.
-
forza centrípeta
Forza que, ao actuar sobre un punto material, ocasiona neste un movemento circular uniforme.
-
forza conservativa
Forza para a que é posible definir unha enerxía potencial da que deriva.
-
forza de Coriolis
Forza ficticia F <J>C</J>, similar á da inercia que aparece ao aplicar a segunda lei de Newton aos sistemas de referencia que xiran respecto aos sistemas inerciais.
-
forza de inercia
Forza ficticia F, que se introduce para resolver certos problemas dinámicos. O seu valor é F=-ma, onde a é a aceleración do punto considerado.
-
forza de Lorentz
Forza total que actúa sobre unha carga eléctrica no seo dun campo electromagnético.
-
forza elástica
Forza central de módulo proporcional á distancia dunha partícula a un punto fixo e oposta ao seu desprazamento.
-
forza electrostática/de Coulomb
Forza que se exerce entre dúas cargas eléctricas en repouso.
-
forza gravitatoria
Forza atractiva que se exerce entre dúas masas, inversamente proporcional ao cadrado da distancia entre as masas.
-
forza magnética
Forza que se exerce entre cargas eléctricas en movemento.
-
forza nuclear
Forza atractiva que actúa entre os protóns e os neutróns do núcleo atómico, sen distinción da súa carga eléctrica.
-
s
-
-
s
Colectivo de persoas, de carácter civil ou militar, cuns obxectivos comúns.
-
s
[BÉL ]
Número efectivo de soldados.
-
forza de choque
[BÉL ]
Conxunto de elementos militares dispostos para entrar en acción nun momento determinado, para atacar ou para responder a unha agresión.
-
forza pública
Forza que se encarga de manter a orde pública.
-
forzas aéreas
[BÉL ]
Conxunto de unidades de voo e de servizos de terra que integran o exército do aire.
-
forzas armadas
[BÉL ]
Conxunto dos exércitos de terra, mar e aire dun estado ou dunha organización supraestatal.
-
forzas marítimas
[BÉL ]
Conxunto integrado polas forzas navais, as terrestres e as aéreas, que integran a mariña militar.
-
forzas vivas
[SOCIOL ]
Conxunto de persoas que fomentan e controlan unha actividade.
-
s
-
-
s
Causa que vicia a validez dos actos.
-
forza de lei
Carácter obrigatorio semellante ao da lei.
-
forza maior
Acontecemento externo á relación xurídica, imprevisible ou previsto pero inevitable, que exime do cumprimento dunha obriga.
-
s
-
forza bruta
Forza física empregada sen dereito ou sen intelixencia.
-
forza ilocutiva
[LING ]
Intención comunicativa do falante ao emitir un enunciado.
-
forza iónica
[QUÍM ]
Medida da intensidade do campo eléctrico que se debe aos ións existentes nunha disolución.
Citas
- A forza do clero foi moi importante durante a Idade Media ata os nosos días
- A forza dunha paixón ninguén é quen de parala
- A ver se non chove este ano na forza da vendima, Non imos cavar no millo coa forza da calos
- As forzas políticas condenaron a entrada en vigor da nova lei
- Deixaches a gasosa aberta e perdeu forza
- É moi amigo da forza bruta á hora de aplicar disciplina
- Era unha forza estraña a que o levaba a se comportar daquel xeito
- Fágome vella: estou a perder as forzas, A cerdeira retoñou con forza
- Gústalle o tabaco con forza e sabor, Foi un discurso con moita forza, O medicamento tiña pouca forza para combater a enfermidade
- Non foi ao traballo por causa de forza maior
- Non lle falta forza para levantar catro sacos coma eses
- Non teño forzas nin para contar todo o que me pasou
Frases hechas
-
1 Con forza, fortemente. Ex: Para pechar a porta, d
-
2 De necesidade. Ex: Tes que ir de forza facerlles unha visita.
-
A forza de. Expresi
-
Cobrar forzas. Irse restablecendo.
-
Con forza. En abundancia, en cantidade. Ex: Puxeron comida con forza.
-
De forza.
-
Facer forza de vela. Matarse a traballar para acadar algo.
-
Facer forza. Tentar conseguir algo por medio da presi
-
Por forza. Necesariamente. Ex: Por forza vaille gustar o galano, porque
-
¡Manda forza! Expresi
Refranes
- O que non se sinta con forzas, que non se meta en liornas.
- Onde a forza non basta, abonda a maña.
- Onde non serve a forza, a maña abonda.
- Onde non vexas forza, non botes carga.
- Razón e forza vencen, forza e razón convencen.
- Vale máis maña que forza.