formiga

formiga

lat formica

Plural: formigas
  1. s f [ANIMAL ]

    Insecto, da orde dos himenópteros, que se caracteriza por presentar o corpo aparentemente dividido en cabeza, mesosoma, pecíolo e gastro. Viven socialmente en colonias formadas por femias estériles obreiras ou soldados, femias fértiles ou raíñas e machos.

  2. formiga león [ANIMAL/ENTOM ]

    Larva dalgúns neurópteros que fabrican un pequeno buraco cónico en solos areosos onde se enterran á espera de que nel caian pequenos insectos.

Refráns

  • Cada formiga ten a súa irra.
  • Cando a formiga se quere perder, ás novas lle queren nacer.