focha

focha
Plural: fochas
  1. s f
    1. Cavidade que hai nun terreo.

    2. Burato que se forma nunha estrada ou camiño.

    3. Oco provocado pola auga acumulada.

    4. Oco natural dunha rocha ou lousa onde se forma unha pequena poza provocada pola auga da chuvia, do mar ou do río.

  2. Burato que se fai na terra para certos xogos.

  3. Oco pequeno que teñen algunhas persoas no queixo ou que lles sae nas fazulas ao rirse.

Sinónimos

Citas

  • A estrada está chea de fochas e é imposible ir a máis de 50 km por hora
  • A focha non era moi grande, pero puidemos darnos uns baños
  • Á nena saenlle dúas fochiñas cando ri
  • Fixeron unha focha na terra para xogar ás bólas