focha
focha
Plural:
fochas
-
s
f
-
Cavidade que hai nun terreo.
-
Burato que se forma nunha estrada ou camiño.
-
Oco provocado pola auga acumulada.
-
Oco natural dunha rocha ou lousa onde se forma unha pequena poza provocada pola auga da chuvia, do mar ou do río.
-
-
Burato que se fai na terra para certos xogos.
-
Oco pequeno que teñen algunhas persoas no queixo ou que lles sae nas fazulas ao rirse.
Sinónimos
Citas
- A estrada está chea de fochas e é imposible ir a máis de 50 km por hora
- A focha non era moi grande, pero puidemos darnos uns baños
- Á nena saenlle dúas fochiñas cando ri
- Fixeron unha focha na terra para xogar ás bólas