fluído -da

fluído -da

lat fluĭdu

Plural: fluídos Masculino: fluído Masculino plural: fluídos Feminino: fluída Feminino plural: fluídas
  1. adx

    Aplícase á materia en estado líquido ou gasoso.

  2. adx
    1. Que flúe facilmente.

    2. Que se realiza facilmente, sen problemas.

  3. adx [FÍS ]

    Aplícase ao sistema material, líquido ou gasoso, composto por moléculas que se moven libremente no seu interior con pouca ou ningunha cohesión, o que lles permite adoptar a forma do recipiente que as contén. Tm s m.

  4. fluído activo [TECNOL ]

    Fluído que proporciona o traballo necesario no funcionamento de calquera máquina que produce movemento.

Citas

  • O leite desnatado é máis fluído có leite gordo
  • O pedagogo tenta desenvolver o pensamento fluído dos cativos
  • Pedían unha persoa cun inglés fluído, O tránsito pola cidade é fluído os domingos e festivos