flotación

flotación

flotar

Plural: flotacións
  1. s f

    Acción de flotar.

  2. s f [ECON ]

    Situación en que a paridade dunha moeda respecto doutras se determina libremente en función da oferta e da demanda.

    1. centro de flotación

      Centro de pulo.

    2. liña de flotación

      Liña que sinala a superficie da auga no casco do buque e que separa a parte somerxida da que emerxe.

    3. liña de flotación en lastre

      Intersección da superficie da auga co casco dun buque sen carga, auga nin combustible.

  3. s f [QUÍM ]

    Operación que se fai para separar un ou máis compoñentes dunha mestura en suspensión acuosa, por medio dunha corrente de aire que se introduce no seo do fluído e que arrastra selectivamente o compoñente que se quere separar.

Sinónimos

Palabras veciñas

flotábel flotabilidade flotable flotación flotador flotante flotar