flor

flor

lat flōre

Plural: flores
  1. s f [BOT ]

    Estrutura das anxiospermas que porta os órganos da reprodución sexual e que está composta por catro verticilos: sépalos, pétalos, estames e carpelos.

  2. s f

    Substancia que se forma na superficie dalgúns líquidos debido a un proceso de fermentación.

  3. s f
    1. Parte mellor ou máis apreciada de algo.

    2. Momento esplendoroso ou de excelsitude de algo ou alguén.

  4. s f

    Parte exterior e máis apreciada das peles curtidas que admiten pulimento.

  5. s f

    Expresión aduladora ou palabras afectuosas que se empregan para resaltar as calidades físicas ou morais de alguén.

  6. s f [ALIM ]

    Produto de repostaría propio do Entroido que se elabora con ovo, leite ou auga, fariña, sal e azucre.

  7. flor de lis [HERÁLD ]

    Figura heráldica que representa a flor de lirio formada por un pétalo central erguido e dous curvos cara a fóra.

  8. flor natural [LIT ]

    Flor de ouro coa que se premia, nos xogos florais, a mellor composición.

Sinónimos

Citas

  • Conseguiu xuntar a flor da súa poesía
  • Este grupo de rapaces é a flor dunha nova xeración de escritores galegos
  • Os albaneis botáronlle flores ás rapazas, Na rolda de prensa todos os periodistas lle botaron flores polo seu labor
  • Quitámoslle a flor ao viño

Frases feitas

  • En flor/na flor. Con flores, florido.

  • Flor da auga. A superficie da auga.

  • Flor da vida. Mocidade, xuventude.

Refráns

  • Desque a silva bota flor, pon a cana da ao sol.
  • Flores en outono, fame en ano novo.