flor
lat flōre
-
s
f
[BOT ]
Estrutura das anxiospermas que porta os órganos da reprodución sexual e que está composta por catro verticilos: sépalos, pétalos, estames e carpelos.
-
s
f
Substancia que se forma na superficie dalgúns líquidos debido a un proceso de fermentación.
-
s
f
-
Parte mellor ou máis apreciada de algo.
-
Momento esplendoroso ou de excelsitude de algo ou alguén.
-
-
s
f
Parte exterior e máis apreciada das peles curtidas que admiten pulimento.
-
s
f
Expresión aduladora ou palabras afectuosas que se empregan para resaltar as calidades físicas ou morais de alguén.
-
s
f
[ALIM ]
Produto de repostaría propio do Entroido que se elabora con ovo, leite ou auga, fariña, sal e azucre.
-
flor de lis
[HERÁLD ]
Figura heráldica que representa a flor de lirio formada por un pétalo central erguido e dous curvos cara a fóra.
-
flor natural
[LIT ]
Flor de ouro coa que se premia, nos xogos florais, a mellor composición.
Sinónimos
Citas
- Conseguiu xuntar a flor da súa poesía
- Este grupo de rapaces é a flor dunha nova xeración de escritores galegos
- Os albaneis botáronlle flores ás rapazas, Na rolda de prensa todos os periodistas lle botaron flores polo seu labor
- Quitámoslle a flor ao viño
Frases hechas
-
En flor/na flor. Con flores, florido.
-
Flor da auga. A superficie da auga.
-
Flor da vida. Mocidade, xuventude.
Refranes
- Desque a silva bota flor, pon a cana da ao sol.
- Flores en outono, fame en ano novo.