flaxelo

flaxelo

flagellu

Plural: flaxelos
  1. s m

    Tira de coiro longa, ou doutro material, con mango, que se emprega para flaxelar.

  2. s m fig

    Aquilo que causa desgrazas, calamidades ou dor física e moral.

  3. s m [BIOL ]

    Prolongación celular filiforme, longa e contráctil, semellante a un látego, que se pode atopar illada ou en pequenos grupos e que serve como órgano de locomoción nalgúns tipos de células.

  4. s m [ENTOM ]

    Parte da antena dos insectos que segue aos dous primeiros artellos, escapo e pedicelo.

Sinónimos

Citas

  • Os penitentes da procesión golpeábanse co flaxelo