fixo -xa

fixo -xa

lat fixus

Plural: fixos Masculino: fixo Masculino plural: fixos Feminino: fixa Feminino plural: fixas
  1. p irreg

    fixar.

  2. adx

    Que non se move nin se despraza.

  3. adx

    Que non cambia nin sofre alteracións.

  4. adx

    Aplícase ao empregado, traballo ou cargo con carácter definitivo.

Confrontacións

firme, permanente

Citas

  • Non conseguín quitar o cartel porque está ben fixo na porta
  • Nunca tivo emprego fixo, só contratos temporais
  • Ten unha idea fixa e non hai quen lle faga cambiar de opinión