fisura

fisura

lat fissūra

Plural: fisuras
  1. s f
    1. Abertura estreita que se produce nun corpo sólido.

    2. [XEOL ]

      Fenda nunha masa rochosa, xeralmente compacta (granítica, basáltica, calcaria) orixinada por compresión, desecación ou arrefriamento.

  2. s f [ANAT ]

    Suco máis ou menos profundo e sinuoso situado na superficie dalgunhas vísceras.

    1. s

      Fendedura nun tecido ou nun óso.

    2. fisura anal

      Úlcera lineal superficial no ano.

    3. fisura auricular

      Suco que presentan os ósos temporais e que acolle a rama auricular do nervio vago.

    4. fisura conxénita

      Trastorno que ten lugar durante o desenvolvemento embrionario que implica a ausencia de soldadura dos elementos que constitúen un órgano ou unha estrutura.

    5. fisura ósea

      Fractura incompleta dun óso.

Sinónimos

Citas

  • A humidade entraba polas fisuras da parede
  • As fisuras provocadas pola catástrofe ocasionaron a crise económica e política da rexión